Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización por parte do alumnado dunha investigación, preferentemente empírica, sobre un tema relacionado co contido do mestrado e consensuado cun/unha docente que actuará como titor/a do mesmo. Os resultados desta investigación aparecerán nun informe final cuxa estrutura e estilo atópanse recollidos no Regulamento do TFM e serán expostos, de forma virtual ou presencial, ante un tribunal que xunto ao titor/a avaliarán o traballo.

Antes do comezo da investigación, os estudantes terán acceso ao espazo virtual do TFM na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo onde poderán acceder á seguinte información:

Accede á listaxe de títulos de TFM defendidos nos últimos cursos.