Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Curso académico 2025/2026

Modalidade presencial

O curso comeza cunha actividade de presentación para o estudantado de 1º da Facultade de Dirección e Xestión Pública (Decanato, Delegación de Estudantes, Biblioteca, Servizos Informáticos); na devandita actividade expoñerase a organización dos estudos de Dirección e Xestión Pública, así como unha introdución ás materias do primeiro curso do GDXP.

Esta presentación DXP terá lugar o 8 de setembro, ás 9.00 h na aula 9 da Facultade DXP (segundo andar).

Para resolver calquera dúbida en relación coa actividade de presentación do GDXP, o enderezo electrónico de contacto é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Modalidade virtual

O curso comeza cunha actividade dirixida ao estudantado de 1º, que supón a presentación da organización dos estudos e as materias do primeiro curso do GDXP na Facultade de Dirección e Xestión Pública.

A presentación terá lugar o 9 de setembro, ás 17.00 h na Aula 1 da FDXP en Campus Remoto (clave do estudantado: Z7k6ce3r).

Para resolver calquera dúbida en relación con esta actividade, o enderezo electrónico de contacto é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..