Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Facultade de Dirección e Xestión Pública, a través do ser Vicedecanato de Virtualización e Innovación Educativa, aposta dende a súa creación pola aplicación das metodoloxías de innovación docente como forma de dinamizar as aulas presenciais e virtuais e traballar as competencias das materias dende un enfoque colaborativo y participativo.

Neste senso, e como complemento ás metodoloxías de ensino-aprendizaxe, a facultade impulsa actividades no eido da creatividade institucional coa contorna e o ecosistema de administracións públicas de dirección e xestión públicas (DXP).

A continuación enuméranse as iniciativas máis salientables dos últimos cursos académicos no eido da innovación educativa e da creatividade e transferencia do coñecemento á contorna.

 

Innovación DXP

A aposta pola innovación educativa estrutúrase a partir dunha convocatoria anual de proxectos de innovación á que se pode presentar o profesorado cunha proposta de actividade na que se implique alumnado de diferentes materias.

Curso académico 2023/2024

  • AbP: Descubrindo as demandas e necesidades do comercio local a través de entrevistas. Coordinación: Sara María Torres Outón
  • Among Us. Coordinación: Ignacio Nicolás Fernández Sainz
  • Blog de Emprego Público I. Coordinación: Oscar Briones Gamarra
  • Integración do AI chatbot no sistema de avaliación. Coordinación: Andrés de Andrés Mosquera
  • Medición do coñecemento e impacto do emprego da intelixencia artificial (IA) no estudantando de Dirección e Xestión Pública: unha ollada principal á IA xenerativa no eido da educación e aos nesgos discriminatorios. Coordinación: Rosa María Ricoy Casas e Sara María Torres Outón

Curso académico 2024/2025

  • AbP: (Re)escribir o xénero a ritmo de canción. Coordinación: Sara María Torres Outón
  • AbP: Mobilizar ao alumnado a través do desenvolvemento de produtos creativos e culturais colaborativos, co obxectivo de fomentar a empatía transnacional e o interese pola memoria e a cultura colectiva e compartida europea. Coordinación: Rosa María Ricoy Casas e Sara María Torres Outón
  • AbP: Contratación pública na xestión de proxectos. Coordinación: Rodrigo Cerviño Rodríguez e Antonio Manuel Miño López
  • Blog de Emprego Público II. Coordinación: Óscar Briones Gamarra
  • Metodoloxía de investigación. Novas familias, novas realidades, e precisa unha nova tipoloxía de familias?. 1º e 3º curso. Coordinación: Sara María Torres Outón

 

Proxectos de innovación docente de carácter institucional

 

Creatividade DXP

Programa de Unidades Didácticas Interactivas DXP

Orientado a levar ás aulas do alumnado de educación secundaria os grandes temas da contorna político-administrativa e socio-económica, a partir dunha metodoloxía audiovisual e interactiva e baseada en prácticas de “gamificación” educativa. A primeira delas, desenvolvida polo profesor Enrique José Varela Álvarez, aborda a temática do desenvolvemento sostible no mundo e nas nosas cidades.

Unidades Didácticas Interactivas DXP: Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030

Actividades de formación permanente

  • Microcredenciais universitarias impulsadas polo equipo de investigación do Observatorio de Gobernanza G3. A primeira delas, con dúas edicións no curso 2025/2026 foi dirixida polo profesor Enrique José Varela Álvarez, e participada pola Fundación SEDAP e a Asociación de Dirección Pública Profesional de España:
    Certificación Universitaria como directivo público profesional en el ámbito de la sanidad – CPFP UVigo (primeira edición | segunda edición)
  • Cursos de inmersión:
    Curso de Especialización en Administración Pública e Xestión Gobernamental

Laboratorio de Podcast G3

Esta actividade de innovación pretende desenvolver accións de divulgación relativas ás liñas de investigación do equipo G3. O acceso ao Laboratorio PodcastG3 faise a través da canle de Youtube da Facultade de Dirección e Xestión Pública.

Programa uso ético da IA

Como produto do ABP Intelixencia artificial IA_Ética a facultade conta cunha páxina web que aborda os desafíos e uso ético da intelixencia artificial.