O Grao en Dirección e Xestión Pública pretende proporcionar ao estudantado unha base sólida de coñecementos básicos en ciencia política e administración pública, dereito, economía e empresa, socioloxía, informática e estatística, orientados cara a xestión pública de xeito que as futuras persoas tituladas coñezan a natureza e os métodos aplicables á xestión e administración pública desde unha perspectiva histórica e contemporánea.
Saídas profesionais
- Técnico de organizacións públicas estatais, autonómicas, locais e comunitarias, que inclúe dous perfís: xestor de administracións públicas (p.ex. educativas, sanitarias); e b) xestor de proxectos de políticas públicas e servizos públicos (calquera nivel de goberno).
- Técnico de organizacións privadas e sociais que traballan para as administracións públicas, con tres perfís: a) técnico en xestorías administrativas e organizacións de consultoría (subvencións, rendas, tramitación sedes electrónicas); b) técnico en organizacións non gobernamentais e sector non lucrativo (contratación, proxectos, participados); e c) xestor administrativo en institucións sociais e políticas
Modalidade presencial e virtual
O Grao en Dirección e Xestión Pública, é o único título das súas características do sistema universitario español. Tamén é singular porque é o único título público, oficial e acreditado que se imparte na modalidade presencial e virtual en Galicia e España.
Garantir a calidade do plan de estudos é posible, definindo unha aprendizaxe personalizada, en grupos pequenos, e cun equipo profesional de docentes que leva máis dunha década de experiencia en formar persoal técnico e de xestión de diferentes niveis de administración pública, estatal, rexional e local.
A modalidade virtual do Grao en Dirección e Xestión Pública está dirixida aos profesionais das administracións públicas e do sector privado e social co obxectivo de mellorar as competencias do seu estudantado, centrado en desenvolver habilidades de pensamento crítico, análise de problemas complexos e adquisición de competencias “hard” e “soft” sobre aspectos de xestión pública, de políticas públicas, dereito público, economía, socioloxía, informática, estatística, así como outras materias de relevancia para poder desenvolver unhas funcións públicas nunha contorna profesional, de gobernanza multinivel e crecentemente complexa.
Accesos directos
Coordinación
Fernando Martinez ArribasJuan Jose Vidal Puga