Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O propósito deste Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional é proporcionar unha formación avanzada, de carácter multidisciplinar, no ámbito da dirección e xestión pública que capacite ao estudantado, ben para continuar co programa de doutoramento, ben para alcanzar un alto nivel de especialización que lle permita desempeñar actividades propias de asesoría e consultoría.

En concreto, este mestrado pretende que o estudantado chegue a:

  • Afondar nos enfoques, teorías e paradigmas tanto clásicos como actuais da xestión pública.
  • Coñecer e aplicar as ferramentas básicas de análise para o estudo sistemático dos recursos e habilidades propias da función directiva.
  • Iniciarse en tarefas de investigación no campo da xestión pública asimilando métodos e técnicas de investigación avanzadas.

Páxina web do título

Información de interese

  • Prazas: 25
  • Tipo de ensinanza: non presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

Coordinación

Xosé María Mahou Lago
+34 986 802 031
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Asuntos administrativos

Área de Posgrao
+34 986 801 693/801 694
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.